REGULAMENTO XERAL

 

1.- O coste da inscripción é de 15 €. O 50% da inscripción será doado a Asociación Española para a Loita Contra o Cancro. A entrega da contía recadada será entregada o mesmo día da proba a un/unha representante da entidade beneficiaria.

2.- Os participantes deberán de inscribirse na páxina web www.championchipnorte.com. O plazo de inscripcion é dende o 27 de Agosto ata o 20 de Setembro. Haberá a posibilidade de incribirse o dia da proba de 8:00 a 9:00 no mesmo lugar donde se recollerán os dorsais. 

3.-A entrega de dorsais e chips farase no sábado 22 de Setembro de 17:00 a 21:00 h e no dia da prova entre as 8:00 e as 9:00 h. O lugar de entrega de dorsais e chips será o Colexio CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

 

4.-É obrigatorio para todos os participantes o uso de casco, roupa deportiva adecuada e bicicleta da especialidad btt.

5.-A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos  ás 9.30 horas.

6.-Os participantes deberán de situase no punto de saída 20 minutos antes do comenzo da proba.

7.-O percorrido total será de aproximadamente 40 km, os cales estarán debidamente sinalizados.


8.-A sinalización da ruta consta de sinais verticais en estacas de color bermello sobre fondo blanco e fechas verdes pintadas con spray en asfalto.

9.-Haberá dous puntos de avituallamento líquido-sólido.

10.-Os participantes que por calquera incidencia non podan finalizar a proba serán recollidos na estrada asfaltada mais cercana o punto da incidencia. Para elo deben ir andando no sentido da ruta ata atopar a primeira estrada asfaltada e unha vez alí esperar para ser recollidos o finalizar a proba.

11.-Para calquera incidencia durante a proba os participantes poden contactar coa Organización a través do teléfono 637 816 845.

12.- O control de chegada pechará  2.5 horas despois de que entre o primeiro participante.

13.- Haberá as siguintes clasificacións:

       - femenina absoluta (trofeo para as tres primeiras clasificadas)

       - masculina absoluta (trofeo para os tres primeiros clasificados)

       - master 30, master 40 e master 50 (trofero para o primeiro clasificado de cada categoría)

       - por equipos (trofeo para os tres primeiros clasificado). Considerase como equipo un grupo de un mínimo de 4 persoas do mismo clube ou asociación. Para a clasificación terase enconta a suma dos tempos dos tres primeiros clasificados de cada equipo.

14.-A entrega de trofeos terá lugar no  Colexio CEIP Nosa Señora de Xuvencos ás 13.00 h aproximadamente.


15.-Poderán participar na proba menores de idade con autorización do pai ou a nai. A autorización deberá de ser entrega a Organización cando se recolla o dorsai. O formulario da autorización pódese descargar no seguinte enlace: 

16.-A organización non se fai responsable dos gastos que se poidan ocasionar no material e bicicletas dos participantes durante a duración do evento, nin roturas, nin perdas, nin do roubo dos mesmos, nin dos obxectos persoais dos participantes.

17.-Cada participante pode realizar o percorrido correspondente, co fin de coñecelo, antes da data de proba. A organización facilitará as indicacións pertinentes a quen as solicite, e non se responsabilizará das perdas ou confusións nas rutas e outros problemas derivados.

18.-A ruta transcorre puntualmente por estradas e camiños asfaltados polo que en todo momento deberanse de respecta as normas de tráfico e de seguridade viaria. 

19.-A Organización procurará limitar o acceso o percorrido da prova a vehículos motores, pero non garantiza a ausencia dos mesmos durante o desenvolvemento da mesma.

20.-Ao remate da proba haberá avituallamento final de líquidos e sólidos para tódolos participantes. Os participantes que o desexen tamén poderán ducharse e asearse, aínda que non se garantiza a auga quente para todos ao ser un sistema por acumulación.

INFORMACIÓN DA PROBA:

Concello de Boborás (Rúa Cristóbal Colón, s/n -32514 Boborás- Ourense)